Maserati tivo moito éxito na preguerra nas carreiras de Gran Premio, usando unha variedade de coches de 4, 6, 8 e 16 cilindros (dous oito en liña montados paralelos entre si).
Outros éxitos notables anteriores á guerra inclúen gañar as 500 Millas de Indianapolis dúas veces (1939 e 1940), en ambas ocasións con Wilbur Shaw ao volante dun 8CTF.
Deporte e coches GT
Maserati gañou a Targa Florio en 1937, 1938, 1939 e 1940. As dúas primeiras vitorias logrounas Giovanni Rocco cun Maserati 6CM e as dúas últimas Luigi Villoresi cun 6CM en 1939 e un 4CL en 1940.
Na posguerra a fábrica de Maserati fixo un esforzo para participar nas carreiras de autos deportivos en 1954 para a segunda tempada do Campionato do Mundo Sportscar. A fábrica correu como Officine Alfieri Maserati.
Un antigo coche WTCC de 1987 comprouno Adriano Dece que reformouno para utilizalo nos rally de estrada, a compañía tamén fabricou o coche de rally Maserati BiturboGrupo A.
Fórmula Un
Maserati participou na Fórmula Un durante os anos 1940, 1950 e 1960. O seu equipo oficial de Fórmula Un foi moi exitoso, cun total de 9 vitorias en Grandes Premios para o equipo de fábrica e un título mundial de Juan Manuel Fangio.[2] Maserati deseñou tres coches de Fórmula Un, o Maserati 4CLT, o Maserati A6GCM e o Maserati 250F, e o pre-segunda guerra mundial Maserati 4CL tamén se utilizou con certo éxito. Con todo, debido ás dificultades financeiras de finais de 1950 o equipo tivo que retirarse da Fórmula Un en 1958 malia a pesar de que o 250F aínda era exitoso. Os equipos privados continuaron usando o 250F ata 1960.
O Maserati 4CLT de 1948 foi un dos primeiros coches construídos cás novas regulacións da Fórmula Un, presentado en 1946, foi desenvolvido a partir do coche Maserati 4CL voiturette de 1938. O vello deseño seguía sendo competitivo a pesar do parénteses da segunda guerra mundial e participou en carreiras de Fórmula Un cando se reiniciaron logo da guerra. O seu éxito animou a Maserati para desenvolver o deseño do coche e estas melloras foron reunidas no 4CLT.