O Gran Premio de Italia de 1970 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Autodromo Nazionale Monza o 6 de setembro de 1970. Foi a décima proba da tempada de 1970. A carreira viuse empañada pola morte de Jochen Rindt, que morreu durante a sesión de cualificación, o 5 de setembro. Logo pasou a ser o primeiro (e ata a data, o único) Campión do Mundo de fórmula 1 postumo.