Gonzalo Díaz Díaz, nado en Albacete o 16 de maio de 1931 é un filósofo español, investigador científico do Consello Superior de Investigacións Científicas.
Traxectoria
Quedou cego en 1939. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Murcia, para doutorarse máis tarde na Universidade de Friburgo de Brisgovia, cunha tese titulada Begriff und Problem der Situation. Eine Untersuchung im Rahmen des Jaspers’schen Denkes.
É autor dos sete volumes de Hombres y Documentos de la Filosofía Española (Consello Superior de Investigacións Científicas, 1980-2003). Neles reúne unha serie de entradas biográficas dos principais filósofos da historia de España —incluíndose nesta os territorios pertencentes aos vicerreinados americanos e aqueles filósofos oriúndos da Península Ibérica antes da independencia de Portugal— xunto cun apartado relativo as súas obras e publicacións. En 1992 concedéuselle o Premio Humboldt de Investigación. Tamén foi autor de Bibliografía filosófica hispánica (1901-1970) (CSIC, 1982), canda Ceferino Santos Escudero.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía