Giorgio Colli, nado en Turín en 1917 e finado en 1979, foi un filósofo, filólogo e historiador italiano.
Traxectoria
Estudou filosofía antiga na universidade de Pisa durante trinta anos; editou e traduciu o Organon da obra aristotélica e a primeira edición completa da obra de Nietzsche (incluíndo todos os textos póstumos ordenados cronoloxicamente), xunto co seu amigo Mazzino Montinari. O seu traballo culminou en A sabedoría grega, a edición e tradución dos "presocráticos" (termo que rexeitou). Interrompido pola súa morte en xaneiro de 1979, a súa obra estaría composta por once volumes.
Bibliografía
(Editada en italiano por Adelfi e en francés por éditions de l'Eclat.)
- Physis kryptesthai philei (Natura ama nascondersi), Milán 1948, IIe édition 1991; A natureza ama agocharse.
- Filosofia dell'espressione, Milán 1969; Filosofía da expresión.
- Dopo Nietzsche, Milán, 1974; Despois de Nietzsche
- La nascita della filosofia, Milán, 1975; Nacemento da filosofía
- La Sapienza greca, 3 vol. Milán 1977-1980; A sabedoría grega
- La ragione errabonda. Quaderni postumi, Milán 1982.
- Scritti su Nietzsche, Milán 1980, Escrito sobre Nietzsche
- Per una enciclopedia di autori classici, Milán 1983; Por unha enciclopedia dos autores clásicos
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas