Ten 78.846 habitantes (INE2016) e destaca pola gran presenza de palacetes e vivendas construídas pola alta burguesía durante a industrialización.
Historia
A elizalde de Getxo formouse en torno ao Mosteiro de Santa María, levantado no século XII, co padroado da casa soar de Jauregi, señores de Getxo. Os primeiros moradores foron principalmente agricultores, no que hoxe é o barrio de Andra Mari (Santa María de Getxo), e pescadores, no barrio de Algorta. Ademais de pescadores, os habitantes do Portu Zaharra de Algorta, eran coñecidos por ser expertos pilotos que guiaban aos barcos para franquear a barra de area que se formaba na entrada da ría, e tamén por tarefas de salvamento. Hoxe en día, neste enclave pintoresco, o Portu Zaharra, coas súas rúas estreitas e empinadas, o visitante pode degustar as delicias da gastronomía local, especializada en peixes e mariscos.
A época dourada de Getxo comezou a mediados do século XIX, co nacemento do barrio de Areeta, creado por Máximo Aguirre, e lugar onde se acha a impoñente Ponte de Biscaia, inaugurada en 1893 para unir a localidade con Portugalete sobre a ría de Bilbao. A urbanización de Areeta supuxo o florecemento do municipio, que pronto conseguiu mellorar as súas comunicacións ao instalar o ferrocarril que unía Getxo con Bilbao.
Xeografía
Está situado a 14 km de Bilbao cara ao norte. Ten unha superficie de 11,89 km². Limita ao norte con Sopelana, ao leste con Berango e Leioa, ao sur con Portugalete e ao oeste coa baía do Abra, no mar Cantábrico.
Tiña en 2015 unha poboación de 78.846 habitantes, sendo o terceiro concello máis poboado de Biscaia e o quinto de Euskadi, por detrás das tres capitais provinciais e Barakaldo.