Gaspar Sánchez Salas, nado o 5 de marzo de 1970 en Campillo del Río, no concello de Torreblascopedro (Xaén), é un escritor, profesor de lingua e literatura castelás, crítico literario e dictadólogo. Está considerado oficialmente discípulo do escritor e premio Nobel de Literatura Camilo José Cela.
Traxectoria
Cursou o bacharelato no IES Cástulo, de Linares. Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Granada. A súa tese, La formación de gentilicios, seudogentilicios y otros dictados tópicos en la provincia de Jaén, dirixírona Camilo José Cela e o catedrático Carlos Alvar, obtendo un sobresaliente cum laude por unanimidade.
Trala lectura doutorouse en 2001 en Filosofía e Letras pola Universidade de Alcalá de Henares. Cela creou así escola dentro dunha disciplina que o propio escritor bautizou co nome de "dictadoloxía tópica", coa fin de asegurar a continuación do seu proxecto lexicográfico.
O 13 de setembro de 1995 entrara a traballar na casa de Camilo José Cela como colaborador literario, relación que se mantivo ata o ano 2000, cando viaxou a México para impartir conferencias, na Universidade de Guadalaxara, en torno á póla de investigación mencionada.
Co escritor padronés participou -entre outras cousas- na elaboración do Diccionario geográfico popular de España V.I, e na súa última novela, Madera de boj, na que, ademais, foi documentalista.
É autor de varios libros en diversos xéneros (biografías, testemuñas, ensaios, contos...)cales?
Actualmente dedícase á docencia, ademais de impartir conferencias e escribir artigos en revistas. O proxecto sobre o que traballa actualmente[cando?] é a biografía oficial do tenista Carlos Moyá.