Franco Alfano (Posillipo 1875 - San Remo 1954) foi un pianista e compositor italiano.
Comezou a estudar piano en Nápoles e en 1895 marchou a Leipzig para perfeccionar os seus estudos. En 1896 principiou a súa carreira de pianista en Berlín. Risurrezione deulle fama dende a súa estrea en Turín.
Coñecido por completar (o dueto final do último acto) a ópera inacabada de Giacomo Puccini, Turandot, en 1926. Foi director dos conservatorios de Turín (1923-1939) e Pesaro (1947-1950).
Óperas
- Miranda, 1897?
- La fonte di Enschir, 1898
- Risurrezione, 1904
- Il principe di Zilah, 1909
- L'ombra di Don Giovanni, 1914
- La leggenda di Sakuntala, 1921
- Turandot (final), 1926
- Madonna Imperia, 1927
- L'ultimo Lord, 1930
- Cyrano de Bergerac, 1936
- Il dottor Antonio, 1949
- I Cavalieri e la bella (inacabada)
Ballets
- Napoli, 1901
- Lorenza, 1901
- Vesuvius