Fortaleza de Castrizán

Castelo de Castrizán
ConcelloRedondela
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°19′36″N 8°35′25″O / 42.326786111111, -8.5902527777778
Estilo arquitectónico
Estado actualSó se conserva unha parte da muralla
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O castelo de Castrizán foi un castelo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia do Viso. Ficaba situado no cumio do monte da Peneda.

Localización

O antigo castelo localizábase no alto do monte da Peneda, un pequeno pico montañoso de 329 metros e que fica sobreelevado fronte a chaira que o arrodea. Esta característica xeográfica fai que este monte poida dominar toda a bisbarra, tendo unha excelente visión da Ría de Vigo, as illas Cíes, a enseada de San Simón, e os territorios circundantes ao castelo de Soutomaior.[1]

O monte da Peneda pertence na súa cara sur á parroquia do Viso, pertencente a Redondela, mentres que a cara sur pertence ao concello de Soutomaior.

Historia

Monte da Peneda visto dende O Viso, no concello de Redondela. No seu cumio foi construído o castelo de Castrizán, hoxe en ruínas. No seu lugar, atópase a capela da Virxe das Neves, probabelmente construída cos restos da pedra do castelo derrubado.

A construción do castelo foi levada a cabo entre os meses de agosto e setembro de 1477.[2] A fortaleza foi mandada construír polo arcebispo compostelán Alonso II de Fonseca, cos obxectivos de exercer o control da bisbarra e especialmente como medida de control e presión a Pedro Álvarez de Soutomaior, Conde de Camiña e propietario do Castelo de Soutomaior, sito a escasos quilómetros.

Pedro Álvarez de Soutomaior, tamén coñecido coma Pedro Madruga, era afín á nobreza portuguesa e á súa infanta Xoana a Beltranexa, mentres que o arcebispo Alonso de Fonseca era afín á Coroa de Castela.

Alonso II de Fonseca,
após ver a súa fortaleza derruída por Pedro Madruga

O Viso

Y él, echando lágrimas por sus ojos dijo:
"Que nora mala sea".

Varios meses despois, entre 1478 e 1479, a fortificación foi derruída polo propio Conde de Camiña, Pedro Madruga, após a súa estadía dunha prisión castelá. A batalla, que tivo lugar durante a noite, enfrontou ao Conde de Camiña e aos seus 400 soldados contra Don Álvaro de Varcea, un aliado do arcebispo compostelán. Como resultado do asedio, o castelo foi derruído.

Tralo derrubamento do castelo, a pedra e os demais cascallos foron empregados para construcións particulares na parroquia do Viso, e probablemente a capela da Virxe das Neves, que a día de hoxe mantense en pé no cumio do monte da Peneda, foi construída coa pedra reempregada do castelo.

Descrición

Probabelmente construído coa pedra do propio monte no que se emprazaba, o castelo estaba arrodeado por unha muralla que protexía o interior da fortificación. No seu interior, foron identificados varios elementos do castelo, coma varias ameas, unha barbacá, e unha torre da homenaxe, a cal non estaba integrada na propia muralla, senón que se atopaba no interior do recinto. Isto debeuse a que non existía ningunha área da contorna da muralla que estivese totalmente protexida e libre de ataques, polo que a torre de homenaxe precisaba ter control sobre todo o perímetro da fortificación.

Na actualidade o castelo atópase en estado ruinoso, e unicamente se poden ver algúns restos do que foi a construción orixinal, como restos da base da torre de homenaxe.[3]

Galería de imaxes

Notas

  1. Turismo de Redondela. Itinerarios Arquivado 17 de maio de 2018 en Wayback Machine..
  2. Sánchez Sánchez, Xosé Manuel (2005). Castrizán. A fortaleza vixiante do sur 1477-1478/9. Redondela: Seminario de Estudos Redondeláns (SEREN). pp. 63–93. ISSN 1698-8051. 
  3. Migueles. "Arquitectura Civil". Anecdotario Redondelán. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2014. Consultado o 11 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!