Flavio Xosefo, nado en Xerusalén no ano 37 e finado en Roma no ano 100, foi un historiador xudeu. Os seus relatos son unha importante referencia histórica da Palestina do século I.
Traxectoria
Pertencente a unha familia sacerdotal de Xudea, a súa nai estaba vinculada aos Asmoneos. Recibiu unha educación esmerada e axiña interesouse nos movementos relixiosas da época.[1] Durante o goberno de Nerón foi enviado a unha embaixada onde conseguiu a amnistía para varias autoridades xudías acusadas dunha serie de irregularidades. Para iso valeuse do apoio de Atilirio, persoa próxima a Nerón e á emperatriz Popea.[1] No regreso a Xudea atopouse cunha insurrección popular, e foi nomeado gobernador de Galilea polo Sanedrín. Loitou contra os exércitos romanos de Vespasiano. Feito prisioneiro, acadou o favor dos emperadores Vespasiano e Tito e fíxose cidadán romano sen renegar do xudaísmo, mais asentándose en Roma de xeito definitivo.[1] Tomou o nome de Flavio por ser este o da familia imperial que o protexeu.
Obras
Escribiu máis de vinte libros de grande interese histórico. Porén Flavio Xosefo é máis coñecido por facer a referencia escrita a Xesús de Nazaret máis antiga[1]. Concretamente trátanse de dous parágrafos dentro do volume Antiquitates Iudaicae. O primeiro deles é coñecido coma o Testimonium Flavianum, texto de autoría controvertida.[1] Algúns estudosos defenden a súa autenticidade, outras defenden que foi un texto manipulado ou engadido polos copistas cristiáns da obra de Flavio Xosefo, aproveitándose do seu prestixio. O segundo texto, contido no capítulo 20 da citada obra, relata a morte de Santiago, facendo alusións a Xesús. Hai consenso en considerar este segundo texto veraz e auténtico.[1]
- De bello judaico
- Antiquitates Iudaicae
- Contra Apionem
- Josephi vita
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas