A Unión Soviética tivo unha presenza destacada nesta categoría, recibindo un total de nove nomeamentos entre 1968 e 1984, incluíndo tres premios para Voyna i mir, Dersu Uzala e Moskva slezam ne verit. Oito dos nomeados, incluíndo os tres gañadores, foron producidos por estudios de cinema rusos. Despois da disolución da Unión Soviética, os filmes en presentación de Rusia gañaron cinco nomeamentos, incluíndo un Óscar para Utomlyonnye solntsem.[5]
Propostas
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou a Unión Soviética para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
↑A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]