O Festival de Eurovisión 1961 foi a 6ª edición do festival de Eurovisión. Por segunda vez o concurso foi feito na cidade francesa de Cannes, cidade na que xa fóra hospedado no 1959. Organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (EUR, polas siglas en galego ou EBU polas súas siglas en inglés) e a televisión anfitrioa local, a RTF siglas en francés para Radiodiffusion-Télévision Française (en galego: Televisión Francesa de Radiodifusión).
O concurso foi organizado no "Palais des Festivais et des Congrès" (Pazo de festivais e congresos) o 18 de marzo de 1961. Foi o primeiro concurso realizado nun sábado polo serán, tradición que continúa ata a actualidade. O espectáculo foi conducido por Jacqueline Joubert, quen tamén conduxera o festival de 1959.
Dezaseis países participaron no concurso, tres máis que na edición anterior. Debutaron no festival a Finlandia, a España e a Iugoslavia.
O gañador foi Luxemburgo coa canción "Nous les amoureux" (Nós, os amigos), interpretada por Jean-Claude Pascal, escrita por Maurice Vidalin, e composta por Jacques Datin.
O festival tivo lugar en Cannes, Francia, no Palais des Festivais et des Congrès, após que Francia gañara o concurso de 1960 o que otorga o dereito de ser anfitrión do festival do ano seguinte.
Cannes, é unha cidade localizada na costa azul francesa. É un dos maiores destinos turísticos de toda a Francia e é mundialmente coñecida por ser anfitrioa do Festival de Cine de Cannes, feito tamén no Pazo dos festivais e dos congresos. O edificio do teatro foi construído en 1949 dentro do hotel de luxo JW Marriott Cannes na popular avenida do Croisette. Esta foi tamén a sede da edición de 1959.
O vídeo introdutorio foi semellante ó de 1959: primeiro unha visión do mar e do Palais des Festivals et des Congrès; despois, unha visón do local, das cabinas dos comentadores, do público, da orquestra e, finalmente, unha cortiña, que por detrás deixaba entreveres o escenario. O escenario foi maior do que fóra usado nos anos anteriores, nel representábase un grande xardín dunha gran pazo mediterráneo, con escadas de pedra, flores e co cuadro de votacións posicionado á esquerda do palco. Abriu a cortiña desvelando a todos os artistas reunido no escenario (por primeira vez na historia). Aparece entón a presentadora do espectáculo, Jacqueline Joubert, que foi a primeira persoa en presentar dúas veces o festival.
Comezou co clásico "Boa noite, Europa!" e concluíu a súa introdución con: "Para aproximar as persoas, un pouco dun refrán as veces é moito mellor do que un longo discurso." Doña Joubert deu entón a benvida aos participantes, que, un por vez, avanzaron ata o micrófono para dicir o seu nome. Despois, a propia Joubert foi quen introduciu cada canción.
Como é habitual houbo un intervalo de varios minutos entre a última música e a votación. Para amenizar estes minutos a RTF contratou a dous bailadores da Ópera do París para dar un breve baile.
A emisión durou 1 hora e 35 minutos. O evento foi seguido por 35 millóns de persoas.
O sorteo da orde de actuación foi feita a 16 de marzo.
Debido a problemas co tempo límite do concurso, a música vencedora non foi transmitida no Reino Unido.[1]
Durante as votacións Luxemburgo votou ó Reino Unido con 8 puntos, Noruega tamén votou á Dinamarca con 8 puntos. Esta foi a votación máis grande feita por un só pais a outro dende 1958 e non sería superada ata 1970 cando a Bélxica votou á Irlanda con 9 puntos.[2]
Un total de dezaseis países participaron no Concurso, incluíndo o tres debutantes: Finlandia, España, e Iugoslavia.[2]
Cada país tiña un mestre de orquestra de seu para cada actuación.[3] Léo Chauliac, foi o director do tema de apertura do festival. [a]
Cada país participante tivo un xurado de 10 xuíces que puntou con 1 punto á súa canción favorita.
votados
total
A continuación unha lista das persoas encargadas de presentar na retransmisión os votos de cada país na orde en que foron feitos:
A continuación unha táboa cas televisións encargadas de transmitir o festival.[8][9]