Fernando Pessoa

Modelo:BiografíaFernando Pessoa

(1914) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Fernando António Nogueira Pessoa Editar o valor en Wikidata
13 de xuño de 1888 Editar o valor en Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 1935 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecirrose hepática Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro dos Xerónimos Editar o valor en Wikidata
RelixiónNeopaganismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa
Universidade de Suráfrica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Durban Editar o valor en Wikidata
OcupaciónPoeta, escritor, tradutor, Correspondente comercial
Período de actividade1912 – 1935
Xénero artísticoPoesía,ensaio, teatro, ficción
MovementoModernismo
Pseudónimo literarioAlberto Caeiro
Ricardo Reis
Álvaro de Campos
Bernardo Soares Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
ParellaOfélia Queiroz Editar o valor en Wikidata
PaisJoaquim de Seabra Pessoa Editar o valor en Wikidata  e Maria Magdalena Pinheiro Nogueira Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0676076 BNE: XX886601 Bitraga: 2063 Dialnet: 125011 Musicbrainz: f3ac2a9c-07b4-4d13-907e-5bbaa03eae40 Discogs: 798731 WikiTree: Pessoa-2 Find a Grave: 7951480 Editar o valor en Wikidata

Fernando António Nogueira Pessoa, nado en Lisboa o 13 de xuño de 1888 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1935, foi un poeta e escritor portugués. O seu libro máis coñecido é Mensagem. Pessoa é considerado, en conxunto con Camões, un dos máis importantes poetas de lingua portuguesa. O crítico literario Harold Bloom considerouno, no seu libro The Western Canon ("O canone occidental"), o máis representativo poeta do século XX, xunto con Pablo Neruda.

Traxectoria

Tiña ascendencia galega por parte materna, con raíces en Outes e Negreira.[1] Aínda que naceu en Lisboa, Fernando Pessoa viviu toda a súa infancia e adolescencia en Durban, Suráfrica, o que lle proporcionou un profundo contacto coa lingua inglesa. Perdeu a seu pai, vítima de tuberculose, cando tiña cinco anos de idade e a súa nai casou novamente cando tiña sete. Terminou os seus estudos naquel país na Universidade do Cabo (onde recibirá o Queen Victoria Memorial Price ao mellor ensaio). Mentres estudaba, regresou a Portugal durante un ano para reencontrar as familias paterna (en Tavira) e materna (na Illa Terceira).

Regresou definitivamente a Lisboa en 1905, frecuentando durante dous anos o curso Superior de Letras da Universidade de Lisboa. Pasa a se dedicar, no entanto, á tradución de correspondencia comercial.

Pessoa foi internado o día 29 de novembro de 1935, no Hospital de São Luís dos Franceses, vítima dunha crise hepática. O 30 de novembro morreu. Nos últimos momentos da súa vida pide os anteollos e clama polos seus heterónimos.

Na conmemoración do centenario do seu nacemento en 1988 o seu corpo foi trasladado ao Mosteiro dos Xerónimos, confirmando o recoñecemento que non tivo en vida.

Obra

Considérase que a gran creación estética de Pessoa foi a xénese heteronómica practicada na súa obra. Os heterónimos, diferentes dos pseudónimos, son personalidades poéticas completas: identidades, que, en principio falsas, tórnanse verdadeiras a través da súa manifestación artística propia e diversa do autor orixinal. Entre os heterónimos, o propio Fernando Pessoa pasou a ser chamado ortónimo, xa que era a personalidade orixinal. Entre tanto, coa madureza de cada unha das outras personalidades, o propio ortónimo tornouse apenas máis un heterónimo entre os outros. Os tres heterónimos máis coñecidos (e tamén aqueles con maior obra poética) foron Álvaro de Campos, Ricardo Reis e Alberto Caeiro.

A través dos heterónimos, Pessoa conduciu unha profunda reflexión sobre a relación entre verdade, existencia e identidade.

Ortónimo

Estatua de Pessoa, no Chiado, Lisboa.

A obra ortónima de Pessoa pasou por diferentes fases, mais envolve basicamente a procura dun certo patriotismo perdido, a través dunha actitude sebastianista reinventada. O ortónimo foi profundamente influenciado, en varios momentos, por doutrinas relixiosas como a teosofía e sociedades secretas como a masonaría. A poesía resultante ten un certo ar mítico, heroico (case épico, mais non na acepción orixinal do termo), e por veces tráxico.É un poeta universal, na medida en que nos foi dando, mesmo con contradicións, unha visión simultaneamente múltipla e unitaria da Vida. É precisamente nesta tentativa de ollar o mundo dunha forma múltipla (cun forte substrato de filosofía racionalista e mesmo de influencia oriental) que reside unha explicación plausible para ter criado os celebres heterónimos: Alberto Caeiro, Álvaro de Campos e Ricardo Reis, sen contarmos aínda co semiheterónimo Bernardo Soares.

A principal obra de "Pessoa el-mesmo" é Mensagem, unha colección de poemas sobre os grandes personaxes históricos portugueses. O libro foi, tamén, o único a ser publicado en canto foi vivo.

Álvaro de Campos

Entre todos os heterónimos, Campos foi o único a manifestar fases poéticas diferentes ao longo da súa obra. Era un enxeñeiro de educación inglesa e orixe portuguesa, mais sempre coa sensación de ser un estranxeiro en calquera parte do mundo.

Comeza a súa traxectoria como un decadentista (influenciado polo Simbolismo), mais logo se adhire ao Futurismo. Despois dunha serie de desilusións coa existencia, asume unha vea nihilista, expresa naquel que é considerado un dos poemas máis coñecidos e influentes da lingua portuguesa, Tabacaria.

Ricardo Reis

O heterónimo Ricardo Reis é descrito como sendo un médico que se definía como latinista e monárquico. De certa maneira, simboliza a herdanza clásica na literatura occidental, expresa na simetría, harmonía, un certo bucolismo, con elementos epicúreos e estoicos. A fin inexorable de todos os seres vivos é unha constante na súa obra, clásica, depurada e disciplinada.

Segundo Pessoa, Reis mudouse para o Brasil en protesta á proclamación da República en Portugal e non se sabe o ano da súa morte.

José Saramago, en O ano da morte de Ricardo Reis continua, nunha perspectiva persoal, o universo deste heterónimo, despois da morte de Fernando Pessoa, cuxo fantasma establece un diálogo co seu heterónimo, sobrevivente ao criador.

Alberto Caeiro

Caeiro, polo seu lado, tería sido un campesiño sen estudos formais, mais considerado o mestre entre os heterónimos (polo ortónimo, inclusive). Tamén é coñecido como o poeta-filósofo, mais rexeitaba este título e pregaba unha "non-filosofía". Acreditaba que os seres simplemente son, e nada máis: irritábase coa metafísica e calquera tipo de simboloxía para a vida.

Posuía unha linguaxe estética directa, concreta e simples, mais aínda así, bastante complexa do punto de vista reflexivo. O seu ideario resúmese no verso Hai metafísica bastante en non pensar en nada. A súa obra está agrupada no compilatorio Poemas Completos de Alberto Caeiro.

Narrativa

Pessoa escribiu a novela curta O banqueiro anarquista (1922).

Notas

  1. Gómez, Joel (25 de marzo de 2018). "Las raíces gallegas de Pessoa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!