Federico Zuccaro

Modelo:BiografíaFederico Zuccaro

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(it) Federico Zuccari
(it) Federico Zuccaro Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1539 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Sant'Angelo in Vado, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xullo de 1609 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Ancona, Italia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPalazzetto Zuccari (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, arquitectura e arte Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Londres (1574–1580)
Florencia (1561–1565)
Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, deseñador, artista visual, teórico da arte, arquitecto, debuxante, artista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRetrato Editar o valor en Wikidata
MovementoRenacemento e Manierismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresTaddeo Zuccari e Giorgio Vasari Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiOttaviano Zuccari Editar o valor en Wikidata
IrmánsTaddeo Zuccari Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Great Theatre of Dutch Painters (en) Traducir, (sec:Federico Zuccari)
Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:Zucchero, zween Brüdere/ Mahlere von S. Agnolo in Vado. 143/ 181, 181)
Schilderboeck (pt) Traducir, (sec:T'leven van Frederijck Zucchero, Schilder van S. Agnolo in Vado., M173) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1048130

Federico Zuccaro, chamado tamén Federico Zuccari ou Federigo o Zuccaro, nado en Sant'Angelo in Vado, preto de Urbino, no 1539 e finado en Ancona o 20 de xullo de 1609, foi un importante pintor do período maneirista italiano.

Traxectoria

A súa carreira como pintor está documentada desde 1550, cando se traslada a Roma ao taller do seu irmán máis vello, Taddeo Zuccari. Nos seus primeiros traballos participou no acabamento da decoración do pavillón do papa Pío IV e da Vila Farnese de Caprarola. Outras obras súas foron:

Zuccaro foi reclamado aínda en Roma polo papa Gregorio XIII para continuar a decoración da Cappella Paolina no Vaticano, iniciada por Michelangelo. Visitou Bruxelas, onde realizou unha serie de cartóns para tapices. No 1574 estaba en Inglaterra, onde se lle encargaron algúns importantes retratos, como os da raíña Isabel I, María Estuardo, Sir Nicholas Bacon, Sir Francis Walsingham e outros. Outro cadro do mesmo período debeu ser a realización dunha Alegoria da Calumnia, inspirada na descrición feita por Luciano de Samosata dunha obra de Apeles.

O Xuízo universal (detalle), na cúpula do Duomo florentino

Pintou o retrato de Home con dous cans, hoxe no Palazzo Pitti, e o Cristo morto e anxos na Galleria Borghese de Roma. En 1585 aceptou a oferta de Filipe II, rei de España, para decorar o novo mosteiro de El Escorial, cun salario anual de 2.000 coroas. Os traballos aí estendéronse entre xaneiro de 1586 ata fins do 1588, data na que retorna a Roma, deixando o encargo a Pellegrino Tibaldi. No 1595 fundou, con aprobación do papa Sisto V, a Academia di San Luca, da cal foi o primeiro presidente. Entre os seus primeiros estudantes estivo Bartolomeo Carducci.

Como o seu contemporáneo Giorgio Vasari, tamén Zuccaro se dedicou a crítica artística e á historiografía. O seu libro máis importante foi L'idea de' Pittori, Scultori, ed Architetti (1607).

Pouco antes da morte obtivo o título de cabaleiro.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!