Factoría de Ficción, antes coñecida como FDF Telecinco, é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV, R e Euskatel. Comezou as súas emisións o 18 de febreiro de 2008 co nome de FDF Telecinco, substituíndo na súa frecuencia á canle Telecinco Estrellas. O sábado 25 de xullo de 2009 cambiou a súa imaxe corporativa e remodelou o anterior nome de FDF Telecinco ao actual.
O nome provén da extinta canle Factoría de Ficción do cal Gestevisión Telecinco era socio xunto á produtora Globomedia e Grupo Antena 3 e que cesou as súas emisións o 30 de xullo de 2007.[1]
Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS.[6] Están en letra grosa e verde os meses en que foi líder de audiencia entre as canles temáticas de televisión dixital (TDT).
* Máximo histórico | ** Mínimo histórico
Evolución anual de cadenas desde 2005 en adelante