La 8 é a segunda canle autonómica de Castela e León, propiedade do ente privado Castilla y León Televisión, sociedade adxudicataria da explotación das dúas canles de TDT na comunidade.
Ademais desta cadea, Castilla y León Televisión conta cunha primeira canle, La 7.
Historia e características
Como a súa canle irmá, Castilla y León Televisión (CYLTV) Iniciou as súas emisións regulares o 9 de marzo de 2009, tanto en analóxico como en dixital, substituíndo desde ese momento ao sinal das ata entón Televisión Castilla y León ou Canal 4 Castilla y León, segundo a provincia.
A diferenza de CYLTV, La 8 caracterízase por levar a cabo desconexións en cada unha das nove provincias da Comunidade, ademais de na comarca leonesa do Bierzo. Iso fai que un dos eixos básicos da súa programación, de carácter xeralista, sexa a actualidade provincial e local.
Chamouse CyL8 ou La Ocho de Castilla y León Televisión dende a súa creación ata o 4 de setembro de 2011.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Televisión en España |
---|
Cadeas xeralistas | |
---|
TDT | |
---|
Desaparecidas | |
---|
Operadores de pago | |
---|
Cadeas autonómicas | |
---|