Fabrizio De André, nado en Xénova o 18 de febreiro de 1940 e finado en Milán o 11 de xaneiro de 1999, foi un cantante e compositor italiano.
Traxectoria
Na súa obra, cantou principalmente historias de marxinados, rebeldes e desherdados. Moitas das súas letras, entre as que se inclúen textos en lingua lígur, son mesmo estudadas como expresión importante da poesía do século XX na Italia.
Faber, o seu alcume máis coñecido, atribúese ao seu amigo da infancia Paolo Villaggio; nos seus 40 anos de actividade musical produciu 15 álbums, unha cifra relativamente modesta, se callar determinada pola grande atención que o autor prestaba á calidade das súas obras.