A Fábrica Nacional de Moneda y Timbre-Real Casa de la Moneda é a ceca e a imprenta do selo en España. Naceu en 1893 pola fusión da Casa de la Moneda de Madrid e a Fábrica del Sello y Timbre.
En 1940 comezou a fabricar billetes de banco e en 1952 papel de seguridade. En 1964 deu comezo a fabricación dos DNI e os pasaportes. Tamén se encarga da fabricación de billetes da Lotería Nacional, a certificación electrónica e tarxetas intelixentes. Conta con fábricas en Madrid e Burgos.
Entre outras federacións e entidades internacionais, a FNMT forma parte da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM).[1]