Ethel Turner, nada o 24 de xaneiro de 1872 e finada o 8 de abril de 1958, foi unha escritora británica que escribiu novelas e obras para o público xuvenil.
Traxectoria
Naceu en Inglaterra, bautizada como Ethel Sybil Burwell, o seu pai morreu cando ela contaba con só dous anos, súa nai volveu casar ó ano seguinte cun home vinte anos maior e que xa tiña seis fillos. E cando o seu novo home morreu a súa nai quedou soa con nove fillos, ao ano seguinte xa en Australia, Ethel tiña nove anos, casou de novo. Nese tempo Ethel vivía en Sidney educada nunha escola feminina como era entón o costume. Xunto á súa irmá Lilian comezou a escribir cando tiña dezaoito anos coincidindo co traslado da súa familia ao campo. En 1896 casou con Herbert Curlewis, un avogado.
Éxito
A obra máis coñecida desta autora foi a primeira, Sete rapaces australianos, escrita cando tiña vinte e un anos e considerada un clásico da literatura infantil australiana, describe a vida da familia Woolcot, con seus sete fillos fedellos e rebichados en Australia.