Borno é un estado do nordeste da República Federal de Nixeria. A súa capital é Maiduguri. O estado foi formado en 1976 a partir do antigo estado Nordeste. Até 1991, contiña o que é agora o estado de Yobe. Segundo a estimación do censo de 2006 tiña unha poboación de 4 151 193 habitantes, para unha área de 70.898 km2.