Bayelsa é un Estado da República Federal de Nixeria , que se atopa entre os estados de Delta e Rivers , con capital Yenagoa .
Posúe unha superficie de 10.773 quilómetros cadrados, e unha poboación que se cifra en 2 097 241 persoas (datos do censo do ano 2007), o que dá unha densidade de poboación de 194,7 habitantes por cada quilómetro cadrado .
O idioma falado é o ijaw , aínda que, como no resto de Nixeria, a lingua oficial é o inglés . Foi formado en 1996 a partir do estado de Rivers, sendo un dos estados máis novos.
Áreas de goberno local
Este estado subdivídese nun total de oito Áreas de Goberno Local , a saber:
Brass
Ekeremor
Kolokuma/Opokuma
Nembe
Ogbia
Sagbama
Southern Ijaw
Yenagoa
Véxase tamén
Ligazóns externas