Un estado cliente é un estado controlado a nivel económico, político ou militar por outro máis poderoso en asuntos internacionais. Trátase dunha relación bilateral, normalmente benéfica e con obrigas mutuas, mais diferentes.[1]
Ao longo da historia, moitos estados practicaron o clientelismo. Fixérono principalmente fronte a países cuxa subordinación podían asegurar sen teren que asumir o custo. Algunhas modalidades son o estado satélite, estado asociado, estado monicreque, neocolonia, protectorado, estado vasalo e estado tributario.
Exemplos
- Françafrique é o nome co que se coñece a relación de Francia coas súas ex-colonias africanas, e ás veces tamén ás ex-colonias belgas.[5] Nos últimos tempos, o termo é utilizado en ocasións como crítica á presunta relación neocolonial entre Francia e esas ex-colonias. Os países involucrados fornecen petróleo e minerais importantes para a economía gala. Ademais, existen empresas francesas con intereses comerciais en varios países africanos. Aínda por riba, os países francófonos de África axudan a soster a imaxe de Francia como potencia mundial, pois emiten votos de apoio ás iniciativas francesas na ONU.[6]
- Durante a guerra fría, o termo "estado cliente" adoitaba referirse aos gobernados por réximes autoritarios afíns aos EUA ou á URSS. Cada superpotencia influía nas decisións políticas destes.
Exemplos de estados cliente dos Estados Unidos nese período:
Exemplos de estados cliente da Unión Soviética nese período:
- Algunhas fontes consideran que Nauru é un estado cliente de Australia, xa que depende en gran medida do seu apoio económico e utiliza o dólar australiano. Tamén alberga chegadas non autorizadas de solicitantes de asilo a Australia conforme a Solución Pacífico.[8] Nunha columna do xornal británico The Guardian, Ben Doherty escribiu:
"Nauru é un estado cliente en todos os sentidos, pois funciona só polo seu veciño rico. Pero a súa dependencia da xenerosidade australiana fai que o seu goberno dependa totalmente dos intereses do benefactor, mesmo a expensas da súa propia xente".
Amais, describiu Nauru como un "pequeno e empobrecido estado cliente no medio do Océano Pacífico".[9]
Notas
- ↑ Goldstein, Erik; Langhorne, Richard (2002). "Organization of the International system". Guide to International Relations and Diplomacy (en inglés). Londres y Nueva York: Continuum. p. 9. ISBN 978-1-6235-6603-6. Consultado o 27 de setembro de 2018.
- ↑ Rocca, Samuel (2008). Herod's Judaea (en inglés). Eugene: Wipf and Stock. ISBN 978-1-4982-2454-3. Consultado o 27 de setembro de 2018.
- ↑ "Historia Universal bajo la República Romana, tomo I, libro segundo". imperivm.com. Consultado o 27 de setembro de 2018.
- ↑ Ramusack, Barbara (2004). "The British construction of indirect rule". The new Cambridge history of India: The Indian princes and their states (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. pp. 85–87. ISBN 978-0-521-26727-4. Consultado o 27 de setembro de 2018.
- ↑ Erlanger, Steven (12 de setembro de 2011). "Rwandan Leader, in Paris, Seeks to Ease Tensions". The New York Times (en inglés). Nueva York: The New York Times Company. Consultado o 27 de setembro de 2018.
- ↑ "Bleeding Africa: A Half Century of the Françafrique" (en inglés). Loonwatch.com. 25 de marzo de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2018.
- ↑ Mizokami, Kyle (8 de xaneiro de 2016). "Why North Korea is betting big on nuclear weapons". The Week (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2018.
- ↑ McKenzie-Murray, Martin (31 de outubro de 2015). "Chris Kenny visits Nauru as borders open up to allies". The Saturday Paper (en inglés). Schwartz Media. Archived from the original on 10 de decembro de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2018.
- ↑ Doherty, Ben (28 de outubro de 2015). "This is Abyan's story, and it is Australia's story". The Guardian (en inglés). Londres: Guardian News and Media. Consultado o 27 de setembro de 2018.