O Estadio de Kaliningrado (en ruso: Калининградский стадион), tamén coñecido como Arena Baltika (Арена Балтика), é un estadio de fútbol ruso da cidade que lle dá nome, Kaliningrado. Este estadio albergou catro partidos da fase de grupos do Mundial de Fútbol Rusia 2018. É o campo do FC Baltika Kaliningrado da Liga Premier de Rusia. Ten capacidade para 35.015 espectadores. Foi construído para a disputa do Mundial por mor de que o outro estadio da cidade (Estadio Baltika) non tiña suficiente capacidade, era demasiado antigo e non estaba ben situado para un evento de tan grande magnitude.
O estadio está situado nunha illa no interior do curso do río Pregolia, ás aforas da cidade de Kaliningrado. Por ese motivo, os deseñadores buscaron un aspecto para a construción que harmonizara coa contorna.
Ao estar localizado no Óblast de Kaliningrado, pequeno enclave ruso no Mar Báltico, fixo que este fose o estadio da Copa Mundal de Fútbol 2018 máis próximo á Unión Europea e ao Espazo de Schengen, a tan só uns 45 quilómetros da fronteira con Polonia.
Mundial de Fútbol Rusia 2018
Notas