Estadio Central de Ekaterimburgo

Estadio Central de Ekaterimburgo
Estadio de categoría 4 da UEFA
Datos
Coordenadas56°49′57″N 60°34′25″L / 56.832480570619, 60.573541375322
LocalizaciónUlitsa Repina 5, Ekaterimburgo, Rusia Rusia
Construción
Inauguración1957
Renovación2006-2011
2015-2017 (Mundial 2018)
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 × 68
Capacidade23.061 (Oficial)
35.696 (Mundial 2018)
PropietarioÓblast de Sverdlovsk
OperadoraFC Ural Sverdlovskaya Oblast
LocalíaFC Ural Ekaterimburgo
Webhttps://ekt-arena.ru/
Eventos
Mundial de Fútbol Rusia 2018
editar datos en Wikidata ]

O Estadio Central de Ekaterimburgo (en ruso: Центра́льный стадио́н), tamén denominado Ekaterimburgo Arena, é un estadio de fútbol ruso da cidade de Ekaterimburgo. Aquí disputa os seus partidos como local o FC Ural Ekaterimburgo que milita na Liga Premier de Rusia. A instalación foi inaugurada no ano 1957 para albergar multitude de eventos deportivos e de entretemento. En 2006 e 2014 sufriu dúas fortes renovacións. Actualmente conta cunha capacidade de 23.000 espectadores. Durante a celebración da Copa Mundial de Fútbol 2018 acadou unha capacidade de 35.000 espectadores grazas á colocación de 12.000 bancadas provisionais.

Foi unha das 12 sedes do Copa Mundial da FIFA 2018, das cales foi o estadio situado máis ao leste de todos. Ademais, foi a única sede localizada na zona asiática de Rusia.

Historia

O Estadio Central foi construído en 1957. Nesa zona da cidade xa existiran outras instalacións deportivas dende o ano 1900 como: o Velódromo, o Estadio Rexional... Neses primeiros anos trala súa construción converteuse nun dos escenarios de patinaxe de velocidade sobre xeo máis importantes de todo mundo. Acolleu os Campionatos do Mundo desa especialidade en 1959, así como numerosos campionatos da Unión Soviética (1958, 1962, 1964 e 1966). Nesas competicións chegaron a baterse récord mundiais. O estadio tamén chegou a albergar en varias ocasións a Espartaquiada e moitas outras competicións rusas e internacionais.

Reconstrución en xaneiro de 2017.

Xa no século XXI, a construción sufriu dúas remodelacións. Entre setembro de 2006 e 2011 deuse a primeira delas. Tras coñecerse que fora elixido sede para o Mundial de Fútbol Rusia 2018, en 2015 iniciouse unha importante reconstrución e modernización do estadio. As esixencias da FIFA sobre a capacidade mínima de 35.000 espectadores para que unha instalación poida albergar partidos dun Mundial, fixo necesaria a colocación de bancadas temporais no estadio durante o evento. Estas levantaronse nas tribunas leste e oeste, que sumaron un 30% do número de bancadas coas que contaba o estadio. Ademais, con esta reconstrución dotouse de altos niveis de servizos e seguridade ao edificio.

O interior da instalación reúne un campo de fútbol de herba natural de 105x68 e unha pista de atletismo arredor con oito rúas, áreas para salto de lonxitude, triplo salto e zona para lanzamento de peso. Tanto a pista como o campo foron axustados ás normativas de FIFA, UEFA e Federación Rusa de Atletismo, así como para a celebración de eventos culturais e concertos.

Mundial de Fútbol Rusia 2018

Data Local Res. Visitante Rolda Asistencia
15 de xuño de 2018 Exipto Exipto 0 - 1 Uruguai Uruguai Grupo A 27.015
21 de xuño de 2018 Francia Francia 1 - 0 Perú Perú Grupo C 32.789
24 de xuño de 2018 Xapón Xapón 2 - 2 Senegal Senegal Grupo H 32.572
27 de xuño de 2018 México México 0 - 3 Suecia Suecia Grupo F 33.061

Estadio antes do Mundial

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!