Foi inaugurado orixinariamente o 6 de setembro de 1994 como estadio de atletismo, impulsado pola Comunidade de Madrid, e pola súa forma era coñecido como La Peineta. En 2002, a súa titularidade foi transferida ao Concello de Madrid[3], quen finalmente asinou un convenio patrimonial co Atlético de Madrid para que o recinto pasada a ser propiedade do club de fútbol despois de ser reformado.[4]
A reforma do estadio realizouse entre 2011 e 2017, para ser reinaugurado oficialmente o 16 de setembro dese ano, nun partido entre o Atlético e o Málaga CF (1-0), correspondente á cuarta xornada do Campionato de Liga 2017/18.[5] O estadio ten capacidade para 67.829 espectadores, coa súa bancada dividida en tres niveis, formando tres aneis continuos a excepción da bancada alta do lateral oeste.[6]
Historia
Estadio orixinal
A bancada orixinal do estadio, coñecido como La Peineta,[7] rematouse en 1993 cun deseño do estudo de arquitectos de Antonio Cruz e Antonio Ortiz como proxecto gañador do concurso para unha Cidade Deportiva da Comunidade de Madrid. Dita bancada, cuxo volume de formigón configuraba practicamente toda a obra arquitectónica do estadio deportivo, tiña unha capacidade para 20.000 espectadores. As instalacións foron inauguradas en 1994. En 2002 a Comunidade de Madrid transferiu ao Concello de Madrid a titularidade do recinto deportivo, a cambio da do Palacio dos Deportes.[3]
Proxectos de ampliación
As candidaturas fracasadas de 2012, 2016[8] e 2020 da cidade de Madrid aos Xogos Olímpicos propuxeron unha reforma e uso do recinto como estadio olímpico, sendo as instalacións aproveitadas polo Atlético de Madrid como estadio de fútbol fóra do período da celebración de cada un destes.
O 30 de xullo de 2007 o Concello, Atlético de Madrid e Mahou asinan un primeiro protocolo de intencións para a venda do Vicente Calderón e o traslado á Peineta. O 12 de decembro de 2008 os responsables do Atlético de Madrid e do Concello de Madrid asinaron un convenio polo cal o primeiro cambiaría de estadio e trasladaríase á Peineta, estando obrigado a construír un campo na parcela sobre o antigo estadio da Peineta.[10] A cambio destes novos terreos o Atlético asinou a derriba do seu estadio naquela época, o Estadio Vicente Calderón, cuxa parcela se empregaría para terminar de soterrar a autovía urbana M-30 e construír vivendas.[11]
En novembro de 2011 comezou a fase cero das obras de demolición, que consistían en «demolicións e movemento de terras» (as demolicións referidas a unha parte da bancada existente e a outros elementos como muros e torres de iluminación).[12]
Estadio exclusivo do Atlético
Tras a derrota da candidatura de Madrid aos Xogos Olímpicos de 2020, a configuración do estadio, planeada inicialmente cunha pista de atletismo que tras os Xogos transformaríase en bancadas, descartouse en favor da construción do estadio sen pista de atletismo desde o inicio da construción.
Aínda que o estadio ten 67.829 asentos, durante a súa construción calculábase que alcanzaría unha cifra de entre 68.000 e 72.000 espectadores repartidos en tres aneis, inferior, medio e superior cuns 20.000, 13.000 e 30.000 asentos respectivamente, máis unha cantidade imprecisa de espectadores en función da configuración de 94 palcos VIP adicionais.[15]
En decembro de 2016, Enrique Cerezo anunciou que o estadio, por entón non finalizado, levaría o nome de Wanda Metropolitano por un período de 10 anos. Este nome foi elixido tras chegar a un acordo co conglomerado chinés de empresas Wanda Group, mentres que a segunda parte do nome é unha homenaxe a un dos anteriores estadios do club, o Estadio Metropolitano de Madrid (1923-1966).[17]
Tras o sorteo de fase de grupos da liga de Campións da UEFA 2017-18, confirmouse a inauguración do estadio para o día 16 de setembro de 2017, día no que o Atlético de Madrid enfrontouse ao Málaga CF con motivo da xornada 4 da liga e que tivo un resultado de 1-0 a favor do Atlético. Ao partido asistiron 62.906 espectadores. O primeiro gol neste estadio marcouno o xogador francés Antoine Griezmann no minuto 61. A primeira derrota atlética chegou de mans do Chelsea FC, mentres o primeiro equipo español en gañar no estadio foi o Sevilla FC nun partido de Copa do Rei.
O 20 de setembro de 2017, o Comité executivo da UEFA fixo público que o estadio Metropolitano acollerá a final da Liga de Campións da tempada 2018-19.[19] Do mesmo xeito, a final da Copa do Rei da tempada 2017-18 entre o FC Barcelona e o Sevilla FC celebrarase no estadio Metropolitano o 21 de abril de 2018.[20]
Liñas interurbanas: 286, 288 e 289 (só en sentido Ciudad 70, San Fernando e Hospital del Henares, respectivamente).
Proxecto de reapertura de O'Donnell
Para aumentar o transporte público ao estadio, Fomento anunciou en 2016 o proxecto da reapertura da antiga estación ferroviaria de O'Donnell, actualmente abandonada, situada no barrio de Rejas,[22] a 1 km do estadio, aínda que sería necesaria a conexión peonil entre ambos os lugares por parte do Concello de Madrid. Isto foi solicitado polas asociacións de veciños de San Blas, do mesmo xeito que máis accesos en metro ao estadio.[23] Con todo, actualmente a Comunidade non se expón prolongar outras liñas de metro ao Estadio.[24]