A candidatura olímpica de Madrid 2020 foi o intento por parte da cidade de Madrid para resultar elixida polo Comité Olímpico Internacional (COI) como cidade anfitrioa dos Xogos Olímpicos de 2020.[1][2][3] Madrid é unha das grandes cidades europeas que nunca albergaron uns Xogos, e esta candidatura converteuse na cuarta vez, e terceira consecutiva, que Madrid postulábase como candidata a organizar unha olimpíada.
Finalmente, o día 7 de setembro de 2013 foi descartada na primeira rolda de votación do COI. Durante a elección das dúas cidades finalistas, empatou con Istambul en número de votos, polo que se realizou un desempate no que a cidade turca gañou, polo que Madrid foi eliminada, resultando vencedora a candidatura de Toquio.[4]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas