A empresa xurdida da fusión, denominada Espasa-Calpe, quedou baixo o control da compañía Papelera Española,[4][5] e no seu momento constituíu unha das empresas editoriais máis importantes da época.[6] A nova editorial contou ademais cun ventaxoso contrato de subministración coa Papelera.[7] Ademais, Calpe comprometeuse a continuar a produción da famosa Enciclopedia «Espasa»,[1] e tamén a súa distribución. Espasa-Calpe abriu en Madrid unha importante librería, a Casa del Libro, situada en plena Gran Vía.[7] Continuou coa produción da agora denominada Enciclopedia Espasa-Calpe.[8] Ademais, ampliou as súas operacións cara a América do Sur, establecendo unha sede na capital arxentina, Buenos Aires.[9] Desde alí estendeu o seu mercado a outros países, como Chile, Uruguai, Perú, México ou Cuba.[9]
Espasa-Calpe continuu existindo ata que en 1991 foi adquirida polo Grupo Planeta, que pagou por ela a cifra de 15.000 millóns de pesetas da época.[10] Desde entón pasou a formar parte do grupo Planeta,[11] aínda que mantendo a súa identidade como editorial «Espasa».
Castellano, Philippe (2000). Enciclopedia Espasa: historia de una aventura editorial. Espasa.
Caudet, Francisco (1993). Las cenizas del fénix: la cultura española en los años 30. Madrid: Ediciones de la Torre. ISBN84-7960-051-9.
Cosío Villegas, Daniel (2004) [1949]. Extremos de América. México: Fondo de Cultura Económica.
Gracia García, Jordi; Ródenas de Moya, Domingo (2009). Más es más: sociedad y cultura en la España democrática, 1986-2008. Madrid: Iberoamericana.
Moret, Xavier (2002). Tiempo de Editores: Historia de la Edición en España, 1939-1975. Destino.
Pedraza Jiménez, Felipe B.; Rodríguez Cáceres, Milagros (1980). Manual de literatura española X. Novecentismo y vanguardia: Introducción, prosistas y dramaturgos. Cénlit.
Sánchez Marroyo, Fernando (2003). La España del siglo XX: economía, demografía y sociedad. Madrid: Istmo. ISBN84-7090-383-7.