Ao parecer a súa vocación primeira ou da infancia foi eclesiástica, pero abandonouna para dedicarse á pintura. Malia ser valenciano de nacemento e de que estudou na Escola de Belas Artes de San Carlos da súa cidade natal, vinculouse ao círculo malagueño tanto pola súa pronta chegada, como pola súa orixe familiar, a súa formación artística e/ou a súa actividade profesional na cidade de Málaga. E tamén estudou no taller do valenciano Bernardo Ferrándiz en Málaga, formando parte da chamada escola malagueña de pintura.
Tamén en Roma realizou, en 1890, a súa obra máis famosa: Anatomía do corazón, tamén coñecida como ¡E tiña corazón! ou A autopsia.[2] Viaxou a Terra Santa, onde se documentou para a súa monumental Flevit super illam; obra pola que recibiu numerosas medallas, entre elas foi primeira medalla na Exposición Internacional de Madrid de 1892, en Chicago en 1893, en Barcelona en 1896 e en París en 1900.
En 1911 pasou a formar parte da Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid e entre 1921 e 1922 foi director da Residencia de El Paular para paisaxistas. Xa que tamén se dedicou á pintura decorativa e de paisaxes, entre a que destacan os catro grandes lenzos sobre as Alegorías do Dereito, no Palacio de Xustiza de Barcelona e as oito Alegorías das Provincias no Palacio de Xustiza de Madrid.