A eleccións xerais de 1873 en España celebráronse o 10 de maio de 1873 baixo sufraxio universal masculino. Foron convocadas polo presidente da Primeira República Española, Estanislao Figueras, coa intención de elaborar unha nova constitución. En total foron escollidos uns 383 deputados, ademais dos 15 de Porto Rico e os 18 de Cuba.
As eleccións, con todo, desenvolvéronse en condicións moi pouco ortodoxas, e a súa representatividade resultou ridícula ata para a época, pois non se presentaron ás eleccións nin os monárquicos carlistas, que estaban en guerra desde 1872, nin os monárquicos afonsinos de Cánovas del Castillo, nin os republicanos unitarios, nin tan sequera as incipientes organizacións obreiras adscritas á Internacional, que se pronunciaron pola abstención. Foron posiblemente os comicios coa participación máis baixa da historia de España.
← Eleccións xerais en España, 10 de maio de 1873 →
Os deputados que obtiveron un escano no Congreso polos distritos galegos nestas eleccións foron:[1]