Segundo Pla de Huidobro, finado en Vigo o 11 de novembro de 1922[1], foi un avogado, notario e político galego.
Traxectoria
Foi redactor de El Gallego, periódico editado en Lugo en 1867.[2][3][4] Avogado na Coruña e notario na Ramallosa e Vigo, foi elixido deputado polo distrito de Betanzos nas Cortes Constituíntes da República Española de 1873.[5]
Casou con María Josefa Reguera y Malvar e tivo dezaoito fillos. Foi soterrado no cemiterio de Santa Baia de Camos, Nigrán.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos