As eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 22 e o 25 de maio de 2014, e celebráronse por primeira vez en 28 estados membros, logo da admisión na Unión Europea de Croacia.
As eleccións celebráronse entre o xoves 22 e o domingo 25 de maio, para seguir os costumes dos distintos países sobre o día habitual de votación. O primeiro país en votar foi o Reino Unido.
Celebráronse ao mesmo tempo que as eleccións ao parlamento europeo outros comicios:
O voto é obrigatorio en Bélxica, Grecia, Chipre e Luxemburgo, e optativo en todos os demais. Os países que teñen unha participación tradicionalmente máis alta son dous onde o voto é obrigatorio, pois Bélxica e Luxemburgo roldan o 90% de participación. Ademais, a participación tende a superar o 50% en Malta, Italia, Irlanda, Dinamarca, Chipre (obrigatorio), Letonia e Grecia (obrigatorio). Os países do leste europeo son máis abstencionistas con estados como Eslovaquia, Polonia, Lituania ou Croacia que se moven ao redor do 20-25% de participación.
Hai 66 circunscricións electorais. A maior parte dos países teñen unha única circunscrición, pero existen algúns que teñen varias: Polonia ten 13 circunscricións, e o Reino Unido 12; Francia ten 8 e Italia 5; Irlanda e Bélxica teñen tres cada unha.
O sistema máis común é o de listas abertas e voto proporcional, pero tamén existen excepcións precisamente nos países con máis electores: Alemaña, Francia, o Reino Unido, España. Romanía, Grecia, Portugal e Hungría teñen listas pechadas. É dicir, o 60% dos eurodeputados son escollidos en listas pechadas. Ademais, Irlanda, Malta e a circunscrición de Irlanda do Norte no Reino Unido teñen un sistema de voto transferible, onde se van descartando as opcións que teñen menos votos e considerándose segundas, terceiras, e demais opcións de preferencia do votante.
Estes comicios presentan como principais novidades fronte aos de 2009 estes:
Os principais partidos europeos presentaron como candidatos a presidir a Comisión Europea os seguintes persoeiros:
Os comicios celebráronse en Galicia o 25 de maio. Galicia non é unha circunscrición propia nas eleccións europeas, como si sucede con algunhas divisións territoriais noutros países da Unión Europea, polo que os seus votos súmanse aos emitidos no resto de España, e entre eles reparten os 54 escanos.
A estes comicios concorreron 41 formacións políticas, das que só unha candidatura é exclusivamente galega, a do Partido da Terra. Estas foron as candidaturas, os seus principais integrantes e os seus cabezas de lista:
É moi complexo ofrecer unha panorámica xeral de resultados por partidos, dado que a afiliación a cada grupo parlamentario europeo é individual. Ademais, a propia formación de grupos ou non dependerá dos resultados das eleccións e dos pactos posteriores.
O PPE é o grupo parlamentario de centro-dereita europeo, e recolle no seu seo a maior parte dos partidos conservadores do continente, entre eles o PP, afiliados ao Partido Popular Europeo. A S&D é o grupo parlamentario socialdemócrata, e recolle tamén a maior parte dos partidos de esquerda moderada europea, como o PSOE. A maior parte destes partidos pertencen á súa vez ao Partido Socialista Europeo. Estas dúas formacións ocuparon tradicionalmente a maior parte dos euroescanos.
A ALDE é o grupo parlamentario liberal, e nel coinciden, ademais doutras formacións, os partidos integrantes da ALDE (CDC), e do Partido Demócrata Europeo (PNV). A ALE é o partido que reúne a distintas minorías rexionais, e que forma grupo parlamentario cos Verdes; o BNG forma parte da ALE. A EUE-EVN é o grupo parlamentario de partidos de esquerda, esquerda ecoloxista e extrema esquerda; aos que pertence Izquierda Unida. A ACRE é un grupo parlamentario conservador, moderadamente euroscéptico, que agrupa a diferentes formacións de dereita do leste europeo e o Partido Conservador británico. O MELD tamén é un partido conservador e máis claramente euroscéptico, máis á dereita da ACRE.
Ademais existen no Parlamento Europeo un grupo restante, o Grupo Europarlamentario dos Non Inscritos, que recolle diversas formacións políticas que non atopan acomodo nos grandes grupos. Moitas destas formacións son de ultradereita e outras, como UPyD, de perfil populista, socioliberal ou conservador.
← Eleccións europeas de 2014 →