- Non confundir con El Norte de Galicia de Ferrol, nome que recibiu Ferrol Diario nunha segunda etapa.
El Norte de Galicia foi un xornal que se editou en Lugo entre 1901 e 1923.
Historia e características
Apareceu o 31 de xaneiro de 1901 (II Época, Ano III, nº 1), tiña como subtítulo Diario político y de información que cambiou posteriormente por Diario de información y el de mayor circulación de Lugo y su provincia. Foi propiedade de Antonio Pardo Pardo-Montenegro, un empresario fillo de Manuel Pardo de la Vega.
Voceiro da política conservadora na provincia de Lugo, o seu primeiro director foi Emilio Tapia Rivas. Tivo como redactores a Antonio Couceiro Freijomil, Juan Ramón Somoza, Ramón Robles Neira e Manuel Molina Mesa e entre os seus colaboradores figuraron Manuel García Blanco e Antón Villar Ponte.
Cesou a súa publicación en xaneiro de 1923. Nos seus talleres pasou a imprimirse La Provincia, novo órgano conservador de Lugo.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos