Eine Kindheitserinnerung des Leonardo da Vinci (en galego Un recordo infantil de Leonardo da Vinci) é unha obra de Sigmund Freud de 1910. Trátase da aplicación dos métodos da psicanálise clínica ó estudo biográfico de personaxes históricos. O presente traballo sobre Leonardo da Vinci foi a última incursión a grande escala de Freud no campo da biografía debido ó recibimento de desaprobación posterior.[1]
Na obra desempeña un papel fundamental o recordo ou fantasía de infancia de Leonardo de ser visitado no seu berce por unha ave de presa introducíndolle a cola na súa boca. Diso deriva precisamente o maior defecto da incursión de Freud: a tradución errónea do termo orixinal miñato por voitre.[2] De aí abandonarase a idea do paxaro oculto no cadro Santa Ana, A Virxe e o Neno, así como o nexo co xeroglífico correspondente á palabra exipcia nai, dado que en ámbolos casos se alúde a un voitre e non ó miñato do caderno de anotacións de Leonardo.[3]
Con todo, considérase que o erro de Freud non afecta á esencia do estudo debido ás seguintes consideracións:[2]
Engadíndose colateralmente diversas temáticas de considerable importancia:[2]