Eddie Van Halen, nado en Ámsterdan, o 26 de xaneiro de 1955 e finado en Santa Monica o 6 de outubro de 2020, foi un guitarrista, compositor, produtor e inventor neerlandés.
Mudouse a California a mediados dos anos sesenta. Comezou como batería xunto co seu irmán Alex e uns amigos da escola, formando o grupo Broken Combs, en 1973. Logo de tres anos o nome do grupo mudou a Van Halen, sendo xa considerado como un dos mellores grupos da costa oeste de Estados Unidos. As características máis salientables do grupo eran os solos de Eddie coa técnica de finger tapping (ou fret tapping e a presenza de David Lee Roth.
En 1978 publícouse Van Halen, do que se venderon dous millóns de copias. Logo deste éxito, o solo en Beat It de Michael Jackson o finger tapping convértese nun dos recursos técnicos máis prolíficos para os guitarristas modernos.
No ano 2012, nunha enquisa realizada entre os lectores da revista, Guitar World, quedou no número 1 dos "100 mellores guitarristas da historia".[1] A revista Rolling Stone situouno no número 8 da súa lista dos "100 mellores guitarristas".[2]
Notas