Dragon Ball Z: Ultimate Battle 22 (en xaponés: ドラゴンボールZ: アルティメイトバトル22; Doragon Bōru Zetto: Arutimeito Batoru Towintetzū) é un videoxogo xaponés de loita de 1995, desenvolvido por Tose e publicado por Bandai e Infogrames para a consola PlayStation. Baseado na franquía de Akira Toriyama Dragon Ball, o seu modo de xogo é semellante ó da subserie Super Butōden, consistente en pelexas un contra un cunha configuración de seis botóns. Contén movementos especiais, así como cinco modos de xogo diferentes. Tamén é coñecido como "Ultimate Battle 22" ou "UB22" polos fans debido á lista de vinte e dous personaxes xogables da serie.
Véxase tamén
Outros artigos