Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Dompiñor.
Dompiñor é un lugar da parroquia de Piñeira, no concello lugués de Ribadeo. Segundo o IGE[1] en 2015 tiña 73 habitantes (40 homes e 33 mulleres), un menos ca en 2007 (42 homes e 32 mulleres), e un máis que en 2006.
Orixe
Aparece documentado como Dompinol. Segundo Xosé María Rodríguez, ten a súa orixe na primitiva denominación de Villa domini Pinioli, que fai referencia ó nome do posesor latino Piniolus (Pinus + olus), como un dos primeiros poboadores históricos do lugar. Na súa evolución trocou -n- en -ñ- e -l- en -r- ata a forma actual, "piñor", que coa aglutinación de Dom- (Dominus) converteuse en Dompiñor.
Xeografía
Queda separado da capital parroquial pola vía de ferrocarril Ferrol - Xixón e pola construción da autovía do Cantábrico.
Os seus moradores eran e son labregos asentados que cultivaban a terra para autoconsumo e venda dos excedentes, despois de pagar as rendas das leiras que levaban en alugueiro ou cedidas en foros que conseguiron redimir algúns.
Dada a facilidade de comunicación e tránsito, asentouse no lugar algunha industria de servizos derivados do agro. Os minifundios van desaparecendo ó empregarse maquinaria agrícola que require leiras grandes. A concentración parcelaria influíu moito neste aspecto.
Lugares e parroquias
Lugares de Piñeira
Parroquias de Ribadeo
Notas