Dominique Wilkins

Modelo:BiografíaDominique Wilkins

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Geórgia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso91 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor en Wikidata - 1999 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Convocado porUtah Jazz Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Panathinaikos BC
Boston Celtics
Los Angeles Clippers
Orlando Magic
Atlanta Hawks
San Antonio Spurs
Fortitudo Pallacanestro Bologna
1979–1982 Georgia Bulldogs men's basketball
Participou en
1994Campeonato Mundial de Basquetebol Masculino de 1994 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsGerald Wilkins Editar o valor en Wikidata
ParentesDamien Wilkins, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: DWilkins21 Editar o valor en Wikidata

Jacques Dominique Wilkins, nado o 12 de xaneiro de 1960 en París, Francia, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense da National Basketball Association (NBA) integrante do Salón da Fama de Baloncesto. Coñecido polo se alcume The Human Highlight Film foi un dos anotadores máis prolíficos e mellores machacadores na historia da NBA. É o irmán máis vello doutro xogador da NBA, Gerald Wilkins, e tío do actual xogador do Minnesota Timberwolves Damien Wilkins.

Traxectoria deportiva

Universidade

Wilkins xogou na Universidade de Georgia até o seu ano de júnior, onde conseguiu unha excelente reputación como anotador. Nos seu tres anos de universitario fixo 21,6 puntos e 7,1 rebotes por partido.

Profesional

Foi elixido no Draft da NBA de 1982 por Utah Jazz na primeira rolda no terceiro lugar. Sen chegar a debutar cos de Salt Lake City, foi traspasado aos Atlanta Hawks varios meses despois. Até o seu tres últimas tempadas (cos Celtics, Spurs e Magic), Wilkins nunca fixo unha media de menos de 20 puntos por partido e a súa mellor tempada foi a 1985-86 con 30,3 puntos por encontro. Wilkins, ademais dos seus once anos cos Hawks, tivo curtas traxectorias con Los Angeles Clippers, Boston Celtics, en Grecia co Panathinaikos BC de Atenas (onde gañou a Euroliga e foi elixido MVP da final), en Italia co Fortitudo Bologna, San Antonio Spurs e Orlando Magic co que se retirou en 1999.

O seu único gran triunfo deportivo foi a liga Europea que gañou co Panathinaikos na Final Four de París 1996, vencendo na final ao FC Barcelona. Tras ese éxito regresa á NBA e ten unha boa tempada en San Antonio Spurs, sendo o máximo anotador do equipo cunha media superior aos 18 puntos por partido (David Robinson non xogou ese ano por lesión). Con todo, a pesar do seu bo ano, decide non continuar na NBA e ficha pola Teamsystem Fortitudo Bologna, un contrato multimillonario, no ano en que disputa as finais da LEGA contra o poderoso veciño Kinder Virtus Bologna, adestrado por Ettore Messina e liderado por Predrag Danilović. Nas finais prodúcese un interesante duelo entre Dominique Wilkins e Danilović, que se decanta a favor do serbio, cando no quinto e definitivo partido anota nos últimos segundos unha xogada de catro puntos, triplo frontal a sete metros con falta incluída de Wilkins.

Nique foi clave na prominencia dos Hawks na década dos 80, cando o equipo rexistrou as 50 ou máis vitorias catro veces durante a década. Cando Wilkins cumpriu os 30 anos, o seu equipo comezou a pedir unha contribución versátil da súa estrela, e este comezou a desenvolver un xogo versátil como o demostra os 9 rebotes e 3 asistencias de media na tempada 1990-91. Foi 9 veces elixido xogador All Star, anotou 26.668 puntos (un dos únicos 12 xogadores que o han conseguilo) e 7.169 rebotes na súa carreira como xogador da NBA.

O seu alcume The Human Highlight Filme é debido á espectacularidade e atletismo do seu xogo e que lle axudaron a conseguir dous concursos de mates. A súa especialidade eran os mates potentes e de remuíño. Os seus dolos nos concursos de mates con Michael Jordan están considerados como os mellores concursos da historia. O seu dorsal #21 foi retirado polos Hawks o 13 de xaneiro de 2001, sendo un dos tres xogadores co seu dorsal retirado polos de Atlanta, xunto con Bob Pettit e Lou Hudson.

Concurso de Mates

Wilkins sempre foi considerado como un gran especialista en mates e xogadas espectaculares. Os seus xiros de 360 graos, os seus mates Tomahawks serán sempre lembrados polos afeccionados ao baloncesto. Participou en cinco concursos de mates do All Star Game, e conseguiu gañar en dúaa ocasións. Na súa primeira participación, en Denver en 1984, finalizou en terceira posición, detrás de dúas grandes lendas no que a mates se refire, como Larry Nance e Julius Erving (o Dr. J).

En 1985 conseguiu o seu primeiro título batendo nin máis nin menos que a Michael Jordan na final. Ao ano seguinte, foi batido polo pequeno pero gran xogador Spud Webb. En 1988 produciuse de novo o esperado duelo contra Jordan, sendo nesta ocasión este último o que levou o gato á auga. En 1990 decidiu participar por última vez, tendo que enfrontarse a estrelas emerxentes como Shawn Kemp, Kenny Smith ou Scottie Pippen, logrando o seu segundo e definitivo título de mellor "matador".

Logros persoais

  • Nove veces elixido para o All-Star Game.
  • Dúas veces gañador do concurso de mates.
  • Elixido no mellor quinteto de rookies en 1983.
  • Elixido no mellor quinteto da liga en 1986 (sete veces máis no segundo e terceiro quinteto).
  • Máximo anotador da NBA en 1986 con 30,3 puntos por partido.
  • Membro do Basketball Hall of Fame dende 2006.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!