María Dolores del Río Sánchez-Granados, nada na Coruña, foi unha mestra e escritora galega, terciaria franciscana.
Filla do tenente coronel de Infantaría Ángel del Río Uría. Estuda os cursos de extensión universitaria da Normal de Mestras en 1912 e 1913. Escritora de poesía de afervoado misticismo e patriotismo, colaborou en Ilustración Gallega, El Ideal Gallego, El Eco Franciscano e Galicia Pintoresca. Pertenceu á Academia de Buenas Letras de Málaga, era socia honoraria do Centro Galego de Logroño e socia mestra da Asociación de Escritores Galegos Laureados. Como autora teatral, escribiu Lonxe da aldea, un cadro dramático estreado en 1914 e o monólogo A pantasma (1916).