A tempada 2010-2011 da División de Honra B de rugby foi a 13ª edición da competición ligueira que ocupa o segundo nivel no sistema do rugby español. Nesta tempada se mantivo o formato de 2 grupos con 8 equipos cada un que xogan entre si todos fronte a todos un total de 14 encontros, 7 como local e 7 como visitante. Ó remate da liga regular, os 2 mellores equipos de cada grupo acadan o dereito a loitar polo ascenso á División de Honra nunha eliminatoria na que se enfrontan o primeiro de cada grupo fronte ó segundo do outro grupo, en dous encontros.
Equipos
Os equipos participantes nesta edición 2010-11 da División de Honra B foron:
- Grupo 1
- Grupo 2
Liga Regular
A edición 2010-2011 da División de Honra B rematou o 30 de xaneiro de 2011. Despois de 14 xornadas nas que tódolos equipos de cada grupo xogaron entre si dous encontros, os dous grupos quedaron do seguinte xeito:
|
|
Equipo
|
Puntos
|
Xog.
|
Gañ.
|
Emp.
|
Per.
|
Bonus+
|
Bonus-
|
1 |
Getxo RT |
57 |
14 |
12 |
1 |
1 |
6 |
1
|
2 |
Vigo RC |
50 |
14 |
10 |
0 |
4 |
7 |
3
|
3 |
FC Barcelona |
48 |
14 |
10 |
1 |
3 |
4 |
2
|
4 |
Hernani CRE |
40 |
14 |
7 |
1 |
6 |
7 |
3
|
5 |
Oviedo RC |
34 |
14 |
7 |
0 |
7 |
4 |
2
|
6 |
Durango RT |
21 |
14 |
4 |
0 |
10 |
3 |
2
|
7 |
BUC |
21 |
14 |
3 |
1 |
10 |
4 |
3
|
8 |
Uribealdea RT |
4 |
14 |
1 |
0 |
13 |
0 |
0
|
A vitoria vale 4 puntos e o empate 2. Os puntos de bonus, un punto por cada un, acádanse marcando 4 ensaios ou máis, e perdendo por 7 puntos ou menos.
|
|
|
Ascenso a División de Honra
- Play Offs polo ascenso
Os dous primeiros equipos de cada grupo clasificáronse para disputar a eliminatoria polo ascenso a División de Honra. Tralos encontros disputados os días 13 e 20 de febreiro, os dous equipos do Grupo 1 venceron as súas eliminatorias, e tanto Getxo RT como Vigo RC acadaron o dereito a ser equipos de División de Honra na tempada 2011-2012.[3]
O ascenso do Vigo Rugby Club á División de Honra é un feito histórico no deporte galego, xa que é a primeira vez que un equipo de Galicia competirá na elite do rugby nacional.
Descenso a Primeira Nacional
Os 2 piores equipos, CR Ponent e Uribealdea RT, últimos nos 2 grupos, descenderon directamente a 1ª Nacional. Os seus postos serán ocupados por L`Hospitalet RC e CD Hercesa. Os outros 2 piores equipos, BUC e CD Arquitectura, penúltimos nos 2 grupos, tiveron que enfrontarse nunha eliminatoria a 2 equipos clasificados dende a 1ª Nacional para evita-lo descenso. No caso do CD Arquitectura, foi quen de vencer na eliminatoria fronte a Eibar RT. No caso do BUC, caeu fronte ó Independiente RC, e polo tanto o equipo cántabro substituirá ó catalán na División de Honra B na tempada 2011-2012.[3].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas