A diocese de Périgueux-Sarlat (en latín: Dioecesis Petrocoricensis) é unha diocese da Igrexa Católica Latina, sufragánea da arquidiocese de Bordeos. En 2013 contaba con 355.900 bautizados sobre unha poboación total de 412.082 habitantes. O seu bispo dende 2014 é Philippe Mousset.
A diocese abrangue o departamento da Dordoña. A sé episcopal é a cidade de Périgueux, onde está a Catedral de Sant Front. O territorio está organizado en 28 parroquias.
Limita ao norte coas dioceses de Angulema e Limoges, ao suroeste coa arquidiocese de Bordeos, ao sur coa diocese de Agen, e ao leste coas dioceses de Tulle e de Cahors.