Este artigo amosa escritos coreanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A Dinastía Joseon (en coreano: 조선, 朝鮮; tamén Chosŏn, Choson, Chosun, Cho-sen) foi un reino coreano fundado por Taejo Yi Seong-gye que durou aproximadamente cinco séculos, dende xullo de 1392 até outubro de 1897. Foi fundado despois da caída da dinastía Goryeo no que hoxe é actual cidade de Kaesong. As fronteiras do norte foron expandidas até os límites naturais dos ríos Amnok e Duman despois da subxugación dos jurchens. Joseon foi a derradeira dinastía na historia de Corea e a máis duradeira dinastía confucianista.