Diante Maurice Garrett, nado o 3 de novembro de 1988 en Milwaukee, Wisconsin, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Tofaş S.K. da Basketbol Süper Ligi turca. Mide 1.93 m e pode xogar nas posicións de base e escolta.
Traxectoria
Garrett xogou ó baloncesto universitario para os Iowa State Cyclones.[1] Despois, comezou a súa carreira coma profesional no KK Zagreb en Croacia, para xogar despois no JSF Nanterre francés. Uniuse ós Phoenix Suns da NBA para os adestramentos de 2012, e conseguiu entrar no equipo para a tempada.[2]
Fixo o seu debut na NBA o 5 de novembro de 2012 contra os Miami Heat, proclamados campións a tempada anterior. Anotou 2 puntos, deu 2 asistencias e roubou un balón na derrota do seu equipo contra os Heat.
O 27 de setembro de 2013, asinou cos Oklahoma City Thunder,[3] pero foi cortado o 25 de outubro de 2013 sen chegar a debutar.[4] O 13 de novembro de 2013, asinou cos Utah Jazz.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas