Dióxenes Laercio ou Diogenes Laertius (en gregoΔιογένης Λαέρτιος), (200 - 250) foi un historiador e biógrafo dos antigos filósofos gregos.
Traxectoria
A súa maior obra é Vidas e doutrinas dos filósofos máis ilustres composta por dez libros que contén relevantes fontes de informacións sobre o desenvolvemento da filosofía grega. O exacto período en que Dióxenes Laercio viviu é descoñecido, mais supostamente foi durante o reino de Septimio Severo e Caracalla.
Non tivo pensamento filosófico propio. O seu obxectivo foi realizar un traballo de fácil comprensión e de divulgación para levar ao coñecemento do grande público as diversas escolas filosóficas gregas.
A parte máis importante da súa obra é o libro X, que está dedicado a Epicuro. Alén da exposición da súa filosofía, o libro aínda presenta tres cartas deste filósofo. Debido ao grao de detalle con que Dióxenes expón a filosofía de Epicuro, moitos cren que el era adepto das doutrinas epicúreas. Tal feito, con todo, non é recoñecido oficialmente no mundo académico, unha vez que el expresa admiración por moitos filósofos e non menciona as súas preferencias persoais de maneira explícita.
Os seus primeiros sete libros son dedicados aos filósofos da escola xónica; os últimos tres libros aos filósofos da escola italiana.
A obra de Dióxenes é unha gran contribución á historia da filosofía, contendo unha breve introdución sobre a vida e doutrinas da maioría dos filósofos gregos.