Gustav Mahler baseouse no libro Des Knaben Wunderhorn para compoñer un ciclo de cancións propio e coma fonte de inspiración de varias das súas sinfonías.
Mahler recibiu dende neno o influxo da música popular. Esta serviulle de fonte de inspiración, non só na composición de lieds, senón tamén para a composicións das súas sinfonías. Mahler descubriu os poemas ó redor do 1887-1888, e influíron profundamente nas súas obras posteriores. En total Mahler compuxo un total de 46 cancións, 24 das cales baséanse en cancións homónimas do volume Des Knaben Wunderhorn. Nove delas foron musicadas para piano e quince para orquestra. A estas 24 cancións habería que engadir as catro cancións coñecidas coma Cancións do camiñante, compostas directamente polo propio Mahler, e sen relación directa co volume de poesía popular, mais claramente inspiradas na colección de poemas. Esta influencia foi tan profunda que marcou a primeira etapa creativa do compositor, coñecida coma os anos wunderhorn, e que van dende o 1888 ata 1901. Todos os traballos destes anos teñen máis ou menos relación co volume de Achim von Arnim e Clemens Brentano.
O chamado ciclo de cancións Wunderhorn dividiríase do seguinte xeito:
É dicir Cancións do camiñante. Con textos orixinais de Mahler. Compostos en Kassel entre o 1883 e 1885, orquestrados no 1890 e revisados no intervalo 1891-1896. O ciclo foi publicado no 1897, en dúas versións: para piano e orquestra, e estreouse para orquestra no 1896.
É dicir Cancións e cantos de xuventude. Escritos entre o 1880 e 1889. Foron publicadas en Mainz en tres volumes no 1892. Son cancións de estilo popular, pensadas para voz e piano. Luciano Berio editou as versións orquestrais no 1986 e 1987.
Concibidas para voz e orquestra dende o primeiro momento. Aínda que o propio Mahler encargouse de publicar a versión para piano no 1899.