David Mourão-Ferreira

Modelo:BiografíaDavid Mourão-Ferreira

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) David de Jesus Mourão-Ferreira Editar o valor en Wikidata
24 de febreiro de 1927 Editar o valor en Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte16 de xuño de 1996 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Lisboa Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

IMDB: nm0610039 BNE: XX1054010 Musicbrainz: daf9a861-a843-4d71-a268-5c8200836823 Discogs: 1291221 Editar o valor en Wikidata
Estatua no Parque dos Poetas

David de Jesus Mourão-Ferreira, nado en Lisboa o 24 de febreiro de 1927 e finado no mesmo lugar o 16 de xuño de 1996, foi un escritor e poeta portugués. Ten unha biblioteca co seu nome en Lisboa no Parque das Nações.

Fillo de David Ferreira, secretario do director da Biblioteca Nacional, orixinario de Elvas, e de Teresa Mourão-Ferreira, orixinaria dunha aldea do Baixo Alentexo.

Naceu no extremo occidental do barrio da Lapa, en Lisboa, nunha casa onde viviu até aos 15 anos. Tivo un irmán tres anos máis novo, Jaime, afilhado de Jaime Cortesão. Frecuentou o Colexio Moderno e licenciouse en Filoloxía Románica, pola Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, en 1951.

Tornouse asistente da Facultade de Letras en 1958. Entre 1963 e 1973 foi secretario-xeral da Sociedade Portuguesa de Autores.[1]

Tivo unha activa colaboración en xornais e revistas, entre os que destaca o Diário Popular. Foi tamén colaborador da revista Seara Nova, para alén de ser un dos fundadores da revista literaria Távola Redonda, que codirixiu (1950-1954), con António Manuel Couto Viana e Luís de Macedo.[2] Foi precisamente a través desta publicación que a actividade poética de David Mourão Ferreira comezou a gañar relevancia, canto unha alternativa poética, de fasquía lirista, á poesía social.[3]

Considerado un dos maiores poetas portugueses contemporáneos do Século XX, gañou notoriedade xunto do grande público cos poemas da súa autoría cantados por Amália Rodrigues, como Sombra, Maria Lisboa, Anda o Sol na miña Rua Nome de Rua, Fado Peniche e sobre todo Barco Negro, entre outros[4]. Outros fados da súa autoría, como Escaleira sen corrimão ou Lémbra-te sempre de mim, serán interpretados anos despois por Camané.[5] Despois do 25 de abril de 1974, sería director do xornal A Capital e director-adxunto de O Dia.

No goberno, desempeñou o cargo de Secretario de Estado da Cultura (de 1976 a xaneiro de 1978, e en 1979). Foi por el asinado, en 1977, o decreto que creou a Companhia Nacional de Bailado.[6]

Foi autor dalgúns programas de televisión entre os que destaca "Imagens da Poesia Europeia", para a RTP.[7]

O 13 de xullo de 1981 foi condecorado co grao de Grande-Oficial da Orde Militar de Sant'Iago da Espada. En 1996, o 3 de xuño, recibiu a Grã-Cruz da Orde Militar de Sant'Iago da Espada.[8] O mesmo ano, 1996, recibiu o Premio de Carreira da Sociedade Portuguesa de Autores[9].

Do primeiro casamento, con Maria Eulália, sobriña de Valentim de Carvalho, tivo dous fillos, David João e Adelaide Constança, que lle deron 11 netos e netas.

En 2005 asinouse un protocolo entre a Universidade de Bari e o Instituto Camões, decidindo, como homenaxe ao poeta, abrir naquela cidade o Centro Studi Lusofoni - Cátedra David Mourão-Ferreira que, dirixida pola Profesora Fernanda Toriello e coa colaboración do profesor Rui Costa, ten como obxectivo o estudo da obra de David Mourão-Ferreira, así como a divulgación da lingua portuguesa e das culturas lusófonas.[10] Promove tamén o Premio Europa David Mourão-Ferreira.

O escritor Mourão-Ferreira foi escollido para ocupar, na categoría de Socio Correspondente, a Cadeira número 5, que ten por Patrono Don Francisco de Sousa. A súa elección deuse en 1981, sendo alí o quinto ocupante. Despois da súa morte, esta Cadeira sería ocupada só en 1998 polo mozambicano Mia Couto.[11]

En 2005 o Concello de Lisboa homenaxeou o escritor dando o seu nome a unha avenida no alto do Lumiar.

Sartego de David Mourão-Ferreira

Obras

Poesía

  • A secreta iagem (1950).
  • Tempestade de Verão (1954). Prémio Delfim Guimarães.
  • Os Quatro Cantos do Tempo (1958).
  • Maria Lisboa (1961).
  • In Memoriam Memoriae (1962).
  • Infinito Pessoal (1962).
  • A Arte de Amar (1962).
  • Do Tempo ao Coração (1966).
  • A Arte de Amar (1967). Reunión de obras anteriores.
  • Lira de Bolso (1969).
  • Cancioneiro de Natal (1971). Prémio Nacional de Poesia en Portugal.
  • Matura Idade (1973).
  • Sonetos do Cativo (1974).
  • As Lições do Fogo (1976).
  • Obra Poética (1980). Inclúe À Guitarra e À Viola e Órfico Ofício.
  • Os Ramos e os Remos (1985).
  • Obra Poética, 1948-1988 (1988).
  • Música de Cama (1994). Antoloxía erótica cun libro inédito.

Narrativa

  • Gaivotas em Terra (1959). Prémio Ricardo Malheiros.
  • Os Amantes (1968). Contos.
  • As Quatro Estações (1980). Prémio Associação Internacional dos Críticos Literários.
  • Um Amor Feliz (1986). Ed. Presença. (novela que o consagrou como narrador valéndolle varios premios:o Prémio de Narrativa do Pen Clube Português, o Prémio D. Dinis, o Prémio de Ficção do Município de Lisboa e o Grande Prémio de Romance e Novela da Associação Portuguesa de Escritores). En español: Un amor feliz (1992), Espasa Calpe.
  • Duas Histórias de Lisboa (1987).

Outras

  • Aspectos da obra de M. Teixeira Gomes (1980). Portugália Editora.

Notas

  1. "DAVID MOURÃO-FERREIRA • Página Principal". CANCIONEROS.COM (en castelán). Consultado o 2020-03-29. 
  2. Marina, Luis María (2017-01-31). De la epopeya a la melancolía. Estudios de poesía portuguesa del siglo XX (en castelán). Prensas de la Universidad de Zaragoza. ISBN 978-84-16933-42-6. 
  3. Infopédia. "David Mourão-Ferreira - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-03-29. 
  4. País, Ediciones El (1996-06-17). "Muere en Lisboa el escritor Mourao-FerreBiogrira". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-03-29. 
  5. "Camané". www.ysarca.com/. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  6. "CNB". Companhia Nacional de Bailado (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2020. Consultado o 2020-03-29. 
  7. Portugal, Rádio e Televisão de. "IMAGENS DA POESIA EUROPEIA COM DAVID MOURÃO-FERREIRA - Artes e Cultura - RTP". www.rtp.pt. Consultado o 2020-03-29. 
  8. "Orden Militar de Santiago de la Espada". recursos.normalpopayan.edu.co (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2020. 
  9. "A Obra Poética de David Mourão-Ferreira - Assírio Alvim". Porto Editora. Consultado o 2020-03-29. 
  10. "Centro Studi Lusofoni. Cátedra David Mourão Ferreira, Universitá di Bari. AULP" (en portugués). Consultado o 2020-03-29. 
  11. "Academia Brasileira de Letras". Academia Brasileira de Letras (en portugués). Consultado o 2020-03-29. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Martins, Albano (2008). Homenagem a David Mourão-Ferreira. Ed. UFP.
  • Saraiva, Antonio José; Lopes, Óscar (1978): História da literatura portuguesa. Porto.

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!