Cronoloxía do franquismo

Francisco Franco.

Esta datación cronolóxica do Franquismo refírese ao réxime político de carácter ditatorial que tivo España dende 1939 ata 1975. Un réxime que mantivo remarcábeis semellanzas con outros réximes existentes nalgúns países de Europa e América, especialmente os réximes italiano e alemán, de corte totalitarista, e que reciben o nome de fascismo e nazismo, respectivamente. Un golpe de estado dado polo xeneral Francisco Franco o 18 de xullo de 1936 contra o goberno lexítimo da Segunda República, fixo estalar unha guerra civil, que ao cabo envorcou no chamado réxime franquista.

Guerra civil 1936-1939

1936

1937

1938

Período autárquico 1939-1953

1939

Último parte oficial de guerra escrito polo xeneral Franco.

1940

1941

1942

1943

1944

1945

1946

  • 1 de marzo: Francia pecha a fronteira con España.
  • 4 de marzo: Franco é condenado por unha declaración en París, en Londres e en Washington.
  • 9 de decembro: manifestación popular de apoio ao réxime de Franco na Praza de Oriente. Nas pancartas pódese ler:"Si ellos tienen ONU, nosotros tenemos dos".[1]
  • 12 de decembro: a ONU recomenda a retirada dos embaixadores en Madrid. A proposta foi aprobada por 36 países, fronte a 6 en contra e 13 abstencións.[1]

1947

1948

  • 10 de febreiro: reapertura da fronteira franco-española.
  • 25 de agosto: Franco entrevístase con Xoán de Borbón a bordo do iate Azor.
  • 24 de novembro: os monárquicos firman un acordo en San Xoán de Luz (Francia).

1949

1950

1951

  • 25 de febreiro: Franco ofrece asilo ó mariscal Pétain.
  • 1 de marzo: Franco recibe as cartas credenciais do embaixador dos Estados Unidos. Folga xeral en Barcelona.
  • 19 de xullo: Franco forma un novo goberno onde integra por primeira vez a Carrero Blanco.
  • 26 de xullo: os EUA fan outro novo préstamo de 100 millóns de dólares a España.

1952

1953

Do fin da autarquía 1954-1958

1954

1955

1956

1957

1958

Da "tecnocracia" e o "aperturismo" 1959-1975

1959

1960

1961

1962

1963

1964

  • O réxime celebra os «25 Anos de Paz»

1965

1966

1967

  • 21 de abril: Franco decreta o estado de excepción en Biscaia.
  • 21 de xullo: lei pola liberdade relixiosa.
  • 28 de xullo: Franco destitúe ao xeneral Muñoz Grandes.
  • 21 de setembro: Muñoz Grandes é substituído polo almirante Carrero Blanco como vicepresidente do Goberno.

1968

1969

  • 24 de xaneiro: Franco decreta o estado de excepción sobre todo o territorio nacional.
  • 14 de marzo: comezo do II Plan de Desenvolvemento.
  • 25 de marzo: fin do estado de excepción: supresión da censura previa.
  • 28 de marzo: todos os delitos anteriores ao l de abril de 1939 son declarados proscritos (30 aniversario da vitoria).
  • 15 de abril: falecemento da raíña Vitoria Uxía en Lausana.
  • 22 de xullo: designación do príncipe Xoán Carlos como seu sucesor ao trono.

1970

1971

1972

1973

1974

  • 15 de febreiro: Salvador Puig Antich é condenado á pena de morte. É executado o 2 de marzo.
  • 23 de xuño: mitin en Xenebra do Partido Comunista de España.
  • Mes de xullo: constitúese unha Junta Democrática, incluíndo desde comunistas a certos monárquicos españois.
  • 9 de xullo: Franco é hospitalizado, por unha flebite.
  • 19 de xullo: o estado de saúde de Franco agrávase e cede a título provisorio os seus poderes en Xoán Carlos.
  • 2 de setembro: Franco, restablecido, recupera as funcións de Xefe de Estado.
  • 10 de setembro: Arias Navarro anuncia unha política de liberalización.
  • 13 de setembro: unha bomba estoupa na cafetería Rolando, xunto á madrileña Porta do Sol, causando 13 vítimas mortais e 80 feridos.
  • 18 de setembro: a policía detén unha vintena de militantes vascos sospeitosos de participar no atentado da Porta do Sol.
  • 30 de novembro: a Conferencia Episcopal reclama o recoñecemento dos dereitos de asociación, de reunión e de expresión.

1975

  • 10 de febreiro: unha petición en nome da comisión nacional de Xustiza e Paz, firmada por cento sesenta mil personalidades reclamando unha amnistía xeral a todos os prisioneiros políticos.
  • 4 de marzo: a dimisión do Ministro de Traballo, De la Fuente, provoca un cambio ministerial e un endurecemento do réxime.
  • 25 de abril: Franco decreta o estado de excepción en Biscaia e Guipúscoa por causa duns atentados cometidos por ETA [9].
  • 24 de xuño: Arias Navarro anuncia novas medidas anticomunistas.
  • 30 de xuño: tensión entre Madrid e Rabat polo asunto do Sáhara español.
  • 15 de xullo: Franco cualifica aos partidartios da democratización como cans que ladran.
  • 18 de agosto: unha multitude de xente aclama o Exército no enterro dun policía asasinado o 14 por un comando do FRAP.
  • 27 de agosto: Lei antiterrorista.
  • 29 de agosto: dous militantes de ETA son condenados a pena de morte en Burgos.
  • Mes de setembro: xorden chamadas á clemencia en todo o mundo dirixidas a Franco.
  • 12 de setembro: tres militantes do FRAP, acusados de asasinato dun policía, son condenados a morte en Madrid.
  • 15 de setembro: cinco militantes do FRAP, dous dos cales son mulleres embarazadas, son condenados a morte segundo procedemento sumarísimo.
  • 19 de setembro: un militante da ETA é condenado a morte en Barcelona.
  • 27 de setembro: cinco condenados son executados en Madrid, Burgos e Barcelona. A resulta disto celébranse numerosas manifestacións antifranquistas en países estranxeiros.
  • 1 de outubro: tres policías son asasinados en Madrid [1]. Unha manifestación de apoio a Franco reuniu duascentas mil persoas na Praza de Oriente [2].
  • 4 de outubro: os acordos militares hispanoamericanos son renovados por cinco anos.
  • 17 de outubro: Franco doente, abandona o consello de ministros.
  • 18 de outubro: novo atentado no País Vasco.
  • 21 de outubro: comunicado oficial sobre a saúde do xeneral Franco: crise de insuficiencia coronaria aguda.
  • 30 de outubro: o príncipe Xoán Carlos asume temporalmente as funcións de xefe de Estado.
  • 1 de novembro: o rei de Marrocos inicia a Marcha Verde polo Sáhara español.
  • 2 de novembro: o príncipe Xoán Carlos preséntase en El Aiún, no Sáhara.
  • 3 de novembro: primeira operación cirúrxica de Franco no Pardo.
  • 7 de novembro: Franco é trasladado ao hospital de La Paz e é operado por segunda vez. Os marroquinos entran pola fronteira do Sáhara español.
  • 14 de novembro: Franco é operado por terceira vez. Acordo final sobre o Sáhara entre os representantes marroquinos, españois e mauritanos.
  • 20 de novembro: falecemento de Franco.
  • 22 de novembro: exequias do xeneral Franco no Val dos Caídos.
  • 23 de novembro: xuramento do rei Xoán Carlos I ante as Cortes españolas.
  • 26 de novembro: Decreto da Lei de indulto.

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 Gómez Pérez 1986, p. 27
  2. Redacción (8 de xullo de 1947). "Madrid en el Referendum". ABC (en castelán) (Madrid). Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  3. "The North Atlantic Treaty". nato.int (en inglés). 4 de abril de 1949 [actualizado: 10 de abril de 2019]. Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  4. Casamento da filla de Franco (11/5/1950) ABC (en castelán).
  5. Inauguración do Val dos Caidos, Portada do ABC do 2 de abril de 1959
  6. Diario ABC do 10 de febreiro de 1962
  7. Exemplar do ABC do 15 de maio de 1962
  8. Xornal ABC do 3 de outubro de 1970
  9. BOE do 26.04.1975.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!