A Copa do Xeneralísimo de fútbol 1957 foi a 55ª edición do torneo. A competición comezou o 28 de abril de 1957 e concluíu o 16 de xuño do mesmo ano coa final no estadio de Montjuïc en Barcelona. O campión foi o FC Barcelona, que derrotou na final ao Espanyol por 1-0 cun gol de Francisco Sampedro. Eulogio Martínez foi o gran protagonista do torneo, ao marcar unha cifra récord de 16 goles, sete deles nun mesmo partido diante do Atlético de Madrid.[1]
A edición de 1957 disputouse por primeira vez só por equipos da Primeira División, formato que se repetiu nas edicións de 1958 e 1968/69.