A Copa Galiza de hóckey a patíns[Cómpre referencia] foi unha competición de clubs de hóckey a patíns, da que se disputaron dúas edicións en 2008 e 2009. Competían equipos de hóckey galegos, independentemente da categoría na que competiran. O HC Liceo foi o vencedor das dúas edicións. gañando na final en ambas as ocasións ao CP Cerceda, na primeira delas cando este aínda era o filial liceísta e a segunda xa como club independente.