A conxugación dun verbo son as variacións que sofre segundo as circunstancias nas que se use. Hai conxugacións regulares (que seguen unhas regras comúns a moitos verbos) e irregulares (que se poden considerar como excepcións das primeiras)
As irregularidades principais poden ser de tres tipos: ortográficas, fonolóxicas e temáticas. As ortográficas prodúcense pola non correspondencia exacta entre o que se pronuncia e o que se escribe. As fonolóxicas débense ás alternancias dos graos de abertura nas raíces dos verbos ó longo da súa conxugación. As temáticas xorden cando os verbos presentan variacións formais nos temas na conxugación. Os principais verbos irregulares en galego son: