As diferenzas entre as raíces do tema de perfecto e as do tema de presente nos verbos irregulares poden reducirse a uns poucos tipos:
Altemancia entre unha vogal aberta ou media e un ditongo: /a/ - /owl (haber / houbo, saber / soubo, caber / coubo), /o/ - /uj/ (poder / puido). Esta alternancia tamén se encontra en traer: traer / trouxo.
Alternancia da consoante final da raíz. Os verbos dicir, querer, facer mudan a consoante, e ademais os dous últimos cambian a vogal do radical en /i/: dicir / dixo, querer / quixo, facer / fixo.
Ampliación da raíz con /ib/, que afecta a estar e ter: estar / estivo, ter / tivo.
Os verbos poñer (ou pór) e vir teñen un comportamento particular, e a pesar de que no tema de presente sigan un patrón de variación semellante, no tema de perfecto seguen camiños diverxentes. Vir ten unha raíz rematada en nasal (/biN/ na p1 do Perf., e /biñ-/ no resto das fornas), excepto na p3 do Perf., que ten raíz /bE/: vin, viñ-eches, ve-u, viñ-emos, viñ-estes, viñ-eron; viñ-era... viñ-ese...
En cambio, poñer cambia a vogal radical e maila consoante final da raíz: pux-en, pux-eches, pux-o, pux-emos, pux-estes, pux-eron; pux-era.. pux-ese...
Ser e ir teñen unha raíz común para o tema de perfecto, distinta das que presentaban no tema de presente: /fu/ para as Pl e P2 do Perf. e /fo/ para tódalas outras formas: fu-n, fu-ches, fo-i, fo-mos, fo-stes, fo-ron, fo-ra, fo-se.
Hai que destacar que nos verbos que teñen un tema de perfecto diferente do tema de presente non se produce sincretismo entre o futuro de subxuntivo (der, deres,...) e o infinitivo conxugado (dar, dares,...)
A raíz no tema de presente
No tema de presente poden presentar ata tres radicais distintos:
R1 ou radical da P1 (primeira persoa) do presente de indicativo e de todo o presente de subxuntivo (digo, diga, digamos).
R2 ou radical rizotónico da P2 (segunda persoa), P3 (terceira persoa), P6 (sexta persoa ou terceira persoa de plural) do presente de indicativoe da P2 do imperativo. (dis, di, din, di).
R3 ou radical arrizotónico da P4, P5 do presente de indicativo, P5 do imperativo e demais formas do tema de presente. O futuro de indicativo e condicional acostuman presenta-la R3.