O pretérito de indicativo, ou pretérito perfecto, é un tempo verbal que refire un momento pasado en relación ó presente, e non necesita referente . Amais de posuír vogal temática e carecer de sufixo modo-temporal, circunstancia esta última que tamén lle acontece ó presente de indicativo, ter tamén un sufixo número-persoal de seu (-i/-n, -ches, -u, -mos, -stes, -ron).
Valores
- Metaforicamente para referirse a un feito inminente: Non me berres máis, xa marchei.
- Pode indicar unha acción anterior a un momento futuro: Durme, cando espertes, morreu o conto.
- Pode indicar un momento anterior a outro pasado: Non viu se lle viñan pola dereita ou pola esquerda.
- De mandato: con valor imperativo, pode expresar ordes de realización inmediata: Tedes que ter rematado o traballo para mañá, así que xa o fixestes.
- De negación absoluta: en contextos coloquiais pode expresar a negación da acción: Que pouco me gustou o lugar. Xa volvín.
andei |
varrín |
partín
|
andaches |
varriches |
partiches
|
andou |
varreu |
partiu
|
andamos |
varremos |
partimos
|
andastes |
varrestes |
partistes
|
andaron |
varreron |
partiron
|